29/03/11

La manta de Jane


Foi toda unha sorpresa descubrir que unha editorial como Tusquets tamén publica este álbums tan fermosos. E non só iso: o texto é de Arthur Miller! Así que La manta de Jane conta, en principio, cun valor seguro: un autor así non pode decepcionar. Abofé que non o fai: o libro contén ademais delicadas ilustracións de Al Parker. Unha historia común, a querencia por algo que se ten dende bebé, serve para falar de crecemento e maduración, do paso do tempo, da lene necesidade de comprender que nada é indispensable. Todo é amable e encantador, suave: tanto o texto como as ilustracións. Unha alfaia.

5 comentarios:

  1. Si que ten boa pinta, mirarei de conseguilo

    ResponderEliminar
  2. Hoxe constatei co meu libreiro preferido que estes son os libros que están aumentando as vendas nas librerías e son mercados por adultos. Da que reflexionar

    ResponderEliminar
  3. Pareceume un libro bastante bonito e con unhas boas ilustracións

    ResponderEliminar
  4. este conto no estivo mal pero foi moi longo contando a vida da rapaza

    ResponderEliminar
  5. este libro era moi longo pero entretido

    ResponderEliminar