18/03/11

Marcos Calveiro en Forcarei

Este mércores Marcos Calveiro agasallounos coa súa presenza, e coa súa xenerosidade. Nada menos que tres sesións diferentes para o alumnado do IES Chano Piñeiro: 1º, 2º e 4º de ESO puideron gozar da súa presenza e da súa lección de vida, posto que falamos de guerras, de bioloxía mariña, de historia, de Oriente Medio, de Van Gogh, de arte, de viaxes, de libros, de ladróns e asasinos, de avogados, de falar galego en Vigo...
Grazas pola túa xenerosidade.

25 comentarios:

  1. Paseino ben na charla e o ser tan poucos foi moi amena. Esperemos que faga o libro coa anédota que nos pasou coa carretilla. Jajajaj

    ResponderEliminar
  2. Foi unha actividade divertida na que nos axuda a comprender mellor como vai esto de escrivir libros etc.

    ResponderEliminar
  3. esta charla estivo moi ben e ademais era moi divertido,polas historias que nos contou

    ResponderEliminar
  4. estivo ben e foi divertida pero tería que falar máis dos libros

    ResponderEliminar
  5. A primeira charla foi unha cagada, aburrinme moito e despois di que somos nós aburridos...jajaja.Pero na segunda paseino ben, porque estivemos falando de cousas que son interesantes.

    ResponderEliminar
  6. Pois estivo ben a charla, acertáballe todo o que preguntaba, que gracioso je je .

    ResponderEliminar
  7. A charla non me gustou moito, era un pouco raro, os xestos que facia

    ResponderEliminar
  8. A charla estivo ben, o que máis me gustou foi cando falou das súas esperiencias cos delincuentes ,foi moi divertido.

    ResponderEliminar
  9. Esta charla estivo ben, e o que mais me gustou foi cando nos contou o caso dun delincuente.

    ResponderEliminar
  10. Pois a charla estivo ben porque foi divertida e rímonos moito con el, sobre todo cando pasou Marco coa carretilla, tamén foi moi divertido cando nos contou a historia que lle ocorrera de noite en Vigo.

    ResponderEliminar
  11. Ten que facer un libro de cando Marco pasou coa carretilla. Na charla paseino ben porque ao ir só a nosa clase falamos bastante con el e ata nos dixo a letra dunha canción

    ResponderEliminar
  12. Pasamos unha hora moi entretida e gustoume moito o que nos contou e tamém a súa forma de ser.

    ResponderEliminar
  13. Ai paseino moi ben na nosa posta en común do libro. Que sepades que fala francés moi ben e aínda que non nos cantou foi moi divertido.

    ResponderEliminar
  14. Esta charla estivo moi ben e foi unha das charlas nas que mellor o pasei , pero o libro tamén estivo moi ben .

    ResponderEliminar
  15. esta charla parecéume entretida, o escritor era bastante agradable mantivemos una conversa entre todos moi divertida , e haber se fai un libro cos argumentos de Forcarei. jeje

    ResponderEliminar
  16. Pareceunos moi divertido e interesante.
    Unha persoa máis que defende o galego e loita polas súas ideas

    ResponderEliminar
  17. Pois a nós o autor pareceunos algo aburridillo, o que nos gustou foi o libro, que é divertido e interesante.

    ResponderEliminar
  18. Gustoume moito a visita porque el era moi divertido, espero que veña outra vez.

    ResponderEliminar
  19. non era tan simpático coma xabier p. docampo,pero foi interesante.

    ResponderEliminar
  20. Ivan Cortizo e Carlos30 de marzo de 2011, 14:01

    ese home tivo unha gran idea en escribir sobre os países árabes

    ResponderEliminar
  21. pareceume un home simpático e entretido, ademais de un gran escritor.

    ResponderEliminar
  22. jonathan e almudena30 de marzo de 2011, 14:03

    Pareceume moi interesante.E ademais o autor é moi simpático

    ResponderEliminar
  23. non me acordo moi ben, pero gustoume

    ResponderEliminar
  24. Pareceunos simpático e contounos cousas interesantes e como se informou sobre Bagdad

    ResponderEliminar