12/03/11

A princesa Sabela


Tan pronto como vin na libraría un álbum ilustrado publicado por Xerais, xa o collín. Neste caso é unha tradución dun libro que xa ten uns aniños (é do 97), a súa autora é Cornelia Funke e as ilustracións son de Kerstin Meyer. A princesa Sabela é un conto divertido que fala do aburrido que é ser unha princesa que nada ten que facer e loa pola contra o traballo e o feito de ser cadaquén independente. Claro que o comentario aquí pode variar: cando o lemos na aula o alumnado, que ten que traballar arreo ao saír do instituto, exclamou: "iso porque non ten que traballar! Se o tivese que facer todos os días non lle había gustar tanto". Así que xa vedes, o mundo é moi diferente segundo o cristal con que o miremos. Porque vendo o que vemos cada día na nosa sociedade, semella que ao que se aspira é, precisamente, a esa vida de princesa sen traballar que a protagonista do noso conto rexeita impaciente.

9 comentarios:

  1. Grazas por terlles levado a historia aos teus alumnos : )) Opinen o que opinen... Sabela é divertidísima. Teña ou non razón : )

    ResponderEliminar
  2. Si que é divertida, e o álbum está moi ben. Grazas pola visita.

    ResponderEliminar
  3. Este libro encantoume, por que cada un nunca se conforma co que ten? as persoas, a verdade, é que che somos complicadas, o libro é moi divertido.

    ResponderEliminar
  4. Este libro é precioso , divertido... Encantoume que o pai entendera o que lle gustaba a súa filla

    ResponderEliminar
  5. Este libro é precioso , divertido... Encantoume que o pai entendera o que lle gustaba a súa filla

    ResponderEliminar
  6. Este libro encantoume, é moi entretido e divertido.

    ResponderEliminar
  7. Este libro é moi divertido e entretido. Ademais gustoume que a nena dixese o que pensaba.

    ResponderEliminar
  8. Este libro gústoume. Os pais teñen que entender que os cartos non xe dan a felicidade é ele vivia mellor cos porcos

    ResponderEliminar
  9. Este libro é unha afirmación do dito de que todo cansa. Serezade aínda téndoo todo e non tendo que traballar nin ensuciarse aínda non está a gusto, por iso que nunca chove a gusto de todos

    ResponderEliminar