29/04/11

Cosita linda


Fondo de Cultura Económica publicou hai un par de anos Cosita linda de Anthony Browne, quen se basea nunha experiencia real realizada pola Universidade de Stanfork sobre as emocións "humanas" en especies animais, neste caso un gorila chamado Koko que fixo amizade cun gato. Así, o noso protagonista, un gorila moi humano, deixa de estar triste cando afasta a soidade da súa vida porque nela entra un amigo: a dozura que impregna as páxinas do álbum é o máis destacable, xunto con esas enormes ilustracións que semellan saír do texto. O valor da amizade ante calquera problema, a solidariedade e a lealdade son os trazos sobresaíntes dun fermoso álbum que paga a pena follear.

2 comentarios:

  1. Este libro pareceume moi simpático! Gustáronme as ilustracións.

    ResponderEliminar
  2. este libro é triste porque lle querían quitar ó seu amigo

    ResponderEliminar