28/04/11

Traballosa publicidade

Xigantesco xilófono montado nos bosques próximos á cidade de Kama, en Kyushu, a máis meridional das tres principais illas que forman Xapón. O instrumento foi construído por Kenjiro Matsuo, de Invisible Designs Lab, para un anuncio dun móbil. A música que se oe é o décimo movemento da Cantata BWV 147 de Bach, executada pola bólas ao caer sen ningunha música artificial engadida, limpando tan só o son para eliminar o ruído ambiental de fondo.
Impresionante, non?

1 comentario:

  1. ¿Non teñen nada mellor que facer? Hahaha. Porque mira que debe ser complicado montar semellante artiluxio...
    Ah, eu escoito algún son ambiental...

    ResponderEliminar