14/05/11

Birgit


Non sei moi ben como falar deste libro que me fixo chorar dende a primeira ata a última páxina. Si, así é. Birgit é a última novidade de El Jinete Azul, editorial da que non convén perderse ningunha das súas publicacións.
Con texto de Gudrun Mebs (Premio Alemán de Literatura Infantil e Xuvenil dous anos despois da publicación deste libro en 1982) e ilustracións de Beatriz Martín Vidal, Birgit, Historia de una muerte, é iso: a historia dunha enfermidade maligna contada pola súa irmá pequena que non chega a comprender moi ben que sucede arredor dela. De aí que o texto mesture a inxenuidade co terror que a todos nos provoca a historia.
E que dicir das ilustracións? Alternándose de cando en vez no relato, van reflectindo con toda a tenrura de que se pode ser capaz o progreso do cancro infantil.
Un libro imprescindible.


3 comentarios:

  1. ¡Ei! ¿Non estás chorando demasiado ultimamente coas túas lecturas?

    ResponderEliminar
  2. Ti cres? Xa sabes que son unha choromicas...

    ResponderEliminar
  3. Doen os ollos e a alma con tanta beleza.

    ResponderEliminar