29/05/11

O tigre que veu tomar o té


Tráenos Kalandraka outro clásico: O tigre que veu tomar o té de Judith Kerr, que data de 1968. Divertido álbum onde é o protagonista un tigre tan famento que é quen de acabar con toda a despensa da familia que o convida a tomar o té. As ilustracións encantáronlles ás alumnas de Diver, por certo. E a humanización dun tigre chamou moito a atención a todos eles.


Sofía abriu a porta e atopouse cun enorme, peludo e raiado tigre, que dixo...
–Perdón, estou morto de fame. Podería tomar un té con vós?
A nai de Sofía dixo:
–Pois claro que si, pasa, pasa...


7 comentarios:

  1. non tiña moito sentido pero pareceume un bo conto

    ResponderEliminar
  2. este libro estivo mal porque o tigre comeuno todo

    ResponderEliminar
  3. Encantoume! tanto as ilustracións como o texto son preciosas.

    ResponderEliminar
  4. O libro é entretido aínda que eu non lle topo moito sentido.

    ResponderEliminar
  5. Este libro ten unhas ilustracións bastante chulas. Aínda que o libro non ten moito sentido.

    ResponderEliminar
  6. As ilustracións están moi ben,é simpático que lle comera toda á comida a familia e logo marchara todo pancho

    ResponderEliminar
  7. é un libro moi entretido pero o tigre e moi mangate

    ResponderEliminar