26/05/11

Pedro y su roble


A outra novidade de El Jinete Azul que nos faltaba por comentar é este libro: Pedro y su roble de Claude Levert con ilustracións de Carme Solé Vendrell, Premio Nacional de Ilustración no ano 1979. É dicir, un clásico que esta editorial recupera como xa aconteceu noutras ocasións.
A tenra historia de amizade entre un neno e un carballo serve para comprender que o inverno núa as árbores caducas e que só a chegada da primavera fará que estas volvan florecer: a inxenuidade do neno que non coñece a natureza e que desesperadamente quere salvar a súa amiga a árbore do que el cre unha morte segura ante o frío inverno.





4 comentarios:

  1. Este libro gustoume, o neno era moi riquiño preocupábase da árbore. Que feito!

    ResponderEliminar
  2. Menudo traballiño levou Pedro para coidar do seu carballo. Si que tiña entusiasmo este rapaz.

    ResponderEliminar
  3. Gustoume porque o neno tiña moito corazón e preocupábase moito polo súa árbore ...

    ResponderEliminar
  4. Este conto narra a amizade entre un rapaz e un carballo. o rapaz coida da árbore durante todo o inverno e todo o outono e non deixou de coidalo ata que veu que chegaba a primavera

    ResponderEliminar