17/05/11

Roteiro poético

Esta semana en Lalín poderemos ler os poemas de Lois Pereiro polas rúas. Ademais do acto principal que se celebrará hoxe ás 12 onda a estatua Ramón Mª Aller, con lectura de poemas e manifestos, este é o roteiro particular que poderedes facer polas rúas lalinenses grazas á Asociación Cultural o Naranxo e Queremos Galego. Contaremos coa palabra de: Celso Fernández, Chus Pato, Carlos Negro, Inacio, Luís Couto, Xosé Vázquez Pintor e Xabier Quiroga. E coa música de: Benxa Otero.

Ningún comentario:

Publicar un comentario