25/06/11

Censura extrema en Irán

Vino o outro día aquí, pero non topo a foto para amosárvola.


A policía iraní obrigou a un vendendor de roupa de Teherán a amputar os seos das súas manequíns para que aparecesen no escaparate totalmente asexuadas; aínda coa roupa que levan por riba, longas túnicas en cores neutras que xa o son. Ademais, as manequíns presentan a cabeza cortada, de xeito que poidan soster un pano ou un hiyab, pero que non teñan unha forma que poida resultar atractiva.
E isto, so pena de cárcere.


Ningún comentario:

Publicar un comentario