21/06/11

Cociñando ao pé da letra


Máis ca calquera outra cousa, deste libro o que máis chama a atención son as fotografías. Fotos artísticas, fotos atrevidas, fotos graciosas, fotos únicas. Se a idea era chamativa de en por si, o resultado final é máis ca atraente. Porque os nosos escritores e escritoras son de carne e óso, e porque tamén eles e elas teñen que vivir. E así nolo demostran: cociñando. Yolanda Castaño (quen demostra ademais que estas receitas non engordan!) lévanos da man á casa de 21 persoeiros das nosas letras para aprendermos saborosas receitas que poeticamente se nos amosan. E Andrea Costas dá un bo testemuño de todo isto: facendo da fotografía arte en estado puro. Non saberiamos que fotografía escoller, aínda que eu por mor de veciñanza quedo con Chus Pato e con Celsiño: non podería ser doutro xeito.
Cunha edición coidada a cargo da editorial Galaxia poderedes gozar poeticamente da cociña.




1 comentario: