24/06/11

¿Dónde está güelita Queta?


A editorial Destino tráenos este álbum ilustrado, gañador do Premio Destino Infantil no 2010, para falar da morte: ¿Dónde está güelita Queta?; os autores son Nahir Gutiérrez e Álex Omist. Xa temos falado doutros álbums que tentan achegar este delicado tema aos máis pequen@s. Neste caso a perda á que se enfronta o neno é a da avoa, unha avoa que segue a estar aí porque sempre que se pense nela estará connosco. Con moita tenrura e con ilustracións sinxelas conséguese comunicar a perda dun ser querido como algo natural que non debe ateigarnos de tristura posto que o máis importante é levar esa perda dentro dun.


8 comentarios:

  1. Gustoume este libro porque esplícalle moi ben ós nenos pequenos a morte

    ResponderEliminar
  2. Este libro gustoume, e paréceme moi orixinal a forma que teñen para explicar a morte da avoa do neno.

    ResponderEliminar
  3. este libro conta como explicarlle a un neno que a súa avoíña morreu

    ResponderEliminar
  4. este libro trata de explicarlle a un neno que a súa avoa morreu.Non me gustou

    ResponderEliminar
  5. este non me gustou porque é moi triste e non me gustou a forma de contalo

    ResponderEliminar
  6. este conto pareceume moi triste pola morte da súa avoa

    ResponderEliminar
  7. é moi triste porque lle estaban a explicar ao neno a morte da sua avoa

    ResponderEliminar
  8. Este libro non me gustou moito, pero creo que está ben que fagan libros para explicarlles aos rapaces cando morre alguén.

    ResponderEliminar