08/06/11

A nai do heroe


Divertidísimo álbum de Roberto Malo e Fco. Javier Mateos con ilustracións de Marjorie Pourchet, este A nai do heroe publicado por OQO. Porque os verdadeiros heroes son as nais, que están dispostas a calquera fazaña con tal de protexer aos seus fillos, aínda que estes se sintan ridiculizados ou empequenecidos. Un libro que nos fala tamén do poder da palabra sobre as armas, da comprensión e o respecto. E aínda que puideramos agardar unha linguaxe almibarada acorde co tema de reis e cabaleiros, estamos perante unha divertida mamá con carácter e moito, moito humor.

O novo rexente herdou un reino inmenso, con ducados, marquesados, territorios de ultramar… —E que palacio! –dicía a xente. Herdou tamén unha débeda de cen mil moedas de ouro cun perigoso cabaleiro da fronteira: o cabaleiro Negro. Seu pai, o vello rei, sempre tivera as mans furadas (un pillabán, para que nos imos enganar!).
—Estou negro! –protestou o cabaleiro Negro diante do novo rei–. Teu pai debíame cen mil moedas de ouro.
Así que ou pagas ou cobras! –ameazou levantando a súa espada–.


19 comentarios:

  1. Este libro gustoume,porque nos ensina que as nais non queren que nos pase nada.

    ResponderEliminar
  2. Un conto moi divertido porque a nai sempre estaba protexendo ao "HEROE".

    ResponderEliminar
  3. Este é un libro que me gustou porque ensina o valor que teñen as nais e a súa forma de protexer e coidar do seu fillo a pesar de ser un adulto.

    ResponderEliminar
  4. Este libro é moi divertido porque narra moi ben o que as nais nos poden molestar pero tamén protexer.

    ResponderEliminar
  5. gustoume moito o libro,a nai do heroe é moi pesada

    ResponderEliminar
  6. Un libro moi gracioso aínda que triste ao final,encantoume,un dos mellores.

    ResponderEliminar
  7. Foi un libro entretido e divertido xa que a nai acabou sendo a heroína.

    ResponderEliminar
  8. Foi un libro moi divertido, ao final a nai salvou ao seu fillo de que o mataran.

    ResponderEliminar
  9. O libro estivo moi entretido sobre todo cando foi matar ao cabaleiro negro.

    ResponderEliminar
  10. Que divertido o libro! gustoume aínda que eu penso que lle falta algo ao final.

    ResponderEliminar
  11. Este libro era moi gracioso.Sobre todo na parte do bocata.

    ResponderEliminar
  12. Este libro reflicte como son as nais na realidade.Sempre están encima nosa para defendernos.Foi moi gracioso.

    ResponderEliminar
  13. Pareceume bastante triste , pero por outro lado non tanto porque a nai puido sobrevivir .

    ResponderEliminar
  14. o libro foi espctacular e incomparable encantoume.

    ResponderEliminar
  15. Este libro é moi divertido porque narra moi ben o que as nais nos poden molestar pero tamén protexer.

    ResponderEliminar
  16. este libro é moi bo porque demostranos que as nais queren nos

    ResponderEliminar
  17. É moi bonito porque fala de como son todas as nais realmente. Sempre protexéndonos.

    ResponderEliminar
  18. este libro ensina o cariño dunha nai

    ResponderEliminar
  19. Este libro e moi chulo porque a final a nai pégalle co bolso ao Cabaleiro Negro.

    ResponderEliminar