13/06/11

O galo traganoces


Con ilustracións de Bernardo Carvalho e texto de Roberto Mezquita a partir dun conto tradicional, publica OQO O galo traganoces. Un conto infantil que creo encantará aos máis pequenos por ter a típica estrutura acumulativa e nos que triunfará a solidariedade a amizade. As ilustracións tamén son moi axeitadas posto que parecen feitas con grandes trazos, moi achegadas ao mundo infantil.

Un día o galo e a galiña saíron da granxa dispostos a coñecer mundo. Corricaron por aquí e petiscaron por alá ata que tropezaron cunha nogueira grande e frondosa. Como o galo devecía polas noces, comeu tantas e tan á présa que se lle atrancaron na gorxa.

9 comentarios:

  1. Este libro é moi infantil,repetitivo para que os nenos se acorden do que pasa....

    ResponderEliminar
  2. este libro foi algo infantil

    ResponderEliminar
  3. este libro foi bonito aínda que repite moito. Pero como tarden tanto non salvan a ninguén

    ResponderEliminar
  4. Este libro sinceramente non me gustou porque me pareceu bastante infantil

    ResponderEliminar
  5. este libro non estivo moi ben, pareceume aburrido

    ResponderEliminar
  6. este libro non me gustou e ten unhas ilustracións algo cutres

    ResponderEliminar
  7. Ete libro estivo bastante ben ,aínda que xa se fai aburrido.

    ResponderEliminar
  8. É un libro moi aburrido, este é para nenos pequenos. Non me gustou nada.

    ResponderEliminar
  9. Este libro non estivo moi ben porque era algo infantil.

    ResponderEliminar