Con ilustracións de Bernardo Carvalho e texto de Roberto Mezquita a partir dun conto tradicional, publica OQO O galo traganoces. Un conto infantil que creo encantará aos máis pequenos por ter a típica estrutura acumulativa e nos que triunfará a solidariedade a amizade. As ilustracións tamén son moi axeitadas posto que parecen feitas con grandes trazos, moi achegadas ao mundo infantil.
Un día o galo e a galiña saíron da granxa dispostos a coñecer mundo. Corricaron por aquí e petiscaron por alá ata que tropezaron cunha nogueira grande e frondosa. Como o galo devecía polas noces, comeu tantas e tan á présa que se lle atrancaron na gorxa.

Este libro é moi infantil,repetitivo para que os nenos se acorden do que pasa....
ResponderEliminareste libro foi algo infantil
ResponderEliminareste libro foi bonito aínda que repite moito. Pero como tarden tanto non salvan a ninguén
ResponderEliminarEste libro sinceramente non me gustou porque me pareceu bastante infantil
ResponderEliminareste libro non estivo moi ben, pareceume aburrido
ResponderEliminareste libro non me gustou e ten unhas ilustracións algo cutres
ResponderEliminarEte libro estivo bastante ben ,aínda que xa se fai aburrido.
ResponderEliminarÉ un libro moi aburrido, este é para nenos pequenos. Non me gustou nada.
ResponderEliminarEste libro non estivo moi ben porque era algo infantil.
ResponderEliminar