26/06/11

Pola aula de natureza do Courel

Chegoume ao correo e pídovos eu tamén axuda:

Asociación Ecolóxico-Cultural SOs Courel

Santa Eufemia 32. Folgoso do Courel. 27327-Lugo

NIF G27362474.


Teléfonos 607 225887;

soscourel@mundo-r.com

A Xunta e a Deputación pechan as súas aulas da natureza no Courel.


A Xunta pechou a aula da Natureza de Moreda, na entrada da Devesa da Rogueira, xusto antes de Semana Santa, despois de 20 anos funcionando,.

A Deputación de Lugo, inaugurou xusto antes da campaña electoral, o16 de marzo, unha aula nun cuarto que lle cedeu a USC na Estación Científica de Seoane e xa a vai clausurar cando remate xuño. Dende esta aula, organizáronse, rutas guiadas polo Courel, para todos os colexios que o solicitaron.

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2011/06/21/0003_201106M21C2991.htm

As dúas Institucións alegaron falta de fondos europeos, pero no seguinte blog, podemos ver como se malgastan cantidades astronómicas deses fondos no Courel, tanto a Xunta como a Deputación.

http://megoxe.blogspot.com/

Se o tes a ben, envíalle unha queixa amable aos presidentes da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, secretaria.presidente@xunta.es, presidencia@deputacionlugo.org,
Nós propuxemos o seguinte texto en cursiva, pero pódelo modificar ao teu gusto ou cambialo.

Estimados presidentes da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo:

Cremos que pechando os seus respectivos Centros de Interpretación da Natureza no Courel, Aula Moreda e Aula da Estación Científica da USC, non van aliviar o desastre económico, ocasionado pola especulación, a cobiza obscena dalgunhas entidades financeiras e a corrupción.

Seguro que sairemos adiante, fomentando a educación ambiental e o coidado da natureza, entre outras medidas.

E para darlle unha esperanza a xente nova, teñen a ocasión de traballar xuntos, cóbado con cóbado, para manter e mellorar as aulas educativas do Courel e tomar as medidas necesarias para recuperar este marabilloso espazo natural, creando emprego sostible no mellor espazo educativo da Galiza.

Saúda atentamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario