Hoxe estamos na manifestación. Por iso, o resto do día este blogue permanecerá calado e non terá as súas seccións habituais. Un mínimo sinal de protesta ante tanta presión do poder. Un moi pequeno dereito á rabechada.
Vaia por diante que non protestamos -como se cre- porque nos fagan traballar máis. Case todos e case todas, mestres e profes, traballamos moitas máis horas das que marca o noso horario. Permanecemos nos centros de ensino máis horas e dedicamos infinitas horas a preparar, buscar, procurar, máis e mellor traballo para o noso alumnado. Horas para corrixir exames, horas lendo lecturas xuvenís axeitadas, horas procurando na rede mellores exercicios, horas forxando materiais, horas elaborando actividades que nos levarán a máis horas... Horas que ninguén nos paga e que ninguén recoñece. Doe. Doe escoitar que somos lacazáns e que só protestamos por ter que traballarmos máis. Máis?
Doe que queiran acabar co ensino público. Somos conscientes, máis ca nunca, de que cada paso que dan vai en detrimento da boa calidade do ensino. Sabemos de centros nos que falta profesorado, de centros nos que non mandaron substitutos, de centros que a pesar de ter suficiente profesorado obrigaron a ter aulas de ESO con case 30 alumn@s cando era suficiente o profesorado para ter menos ratio e por tanto mellor atención co alumnado. Sabemos de profes-bibliotecarios que non teñen fins de semana, de profes que coidan o medio ambiente e se meten na Axenda 21 a cambio de nada, de profes que pasan tardes e tardes (supostamente libres) nos clubs de lectura, de profes que van días e días de excursión -pregando a ese deus que todo o pode que non ocorra nada malo porque toda a responsabilidade é deles-, de directores que permanecen no seus centros dende as 8,30 da mañá ata as 22,00 da noite, de profes comprometidos coa nosa lingua que inventan -en situacións cada día máis difíciles- mellores actividades para lembrar ao alumnado que a nosa lingua é nosa, de profes que loitan por estar ao día nas TICS, de profes que fan cursos nas vacacións para estar ao día e saber máis, de profes que fan intercambios con estranxeiros para aprender deles e con eles, de profes que achegan a comarca ao seu alumnado co Proxecto Ríos, de profes que non sabes cal é o seu futuro porque veñen de unificar centros -a finais de xuño- ou de suprimilos ou... A lista é interminable.
Que hai moito que mellorar? Que hai profesores que non merecen tal nome? Si. Pero é aí precisamente onde non funciona a inspección. Unha inspección que semella ultimamente só preocupada por cuestións burocráticas e que busca no papelorio (programación, memoria...) o problema ao fracaso escolar. Unha inspección -e por tanto unha Consellería- que esquece que o noso traballo é esencial porque traballamos con seres humanos, e que eles constitúen o futuro do noso país. E eles son unha maioría, non a minoría dos privados, que adoitan telo fácil porque as súas condicións de vida así o demostran.
Teriamos que falar moito máis, pero as nosas palabras semellan inútiles. Quizais non o sexan as nosas acción. Por iso, hoxe, vémonos na manifestación.

Un texto que describe moi ben a realidade, concordo totalmente co que se di. Parabéns!
ResponderEliminarPropostas de mellora:
ResponderEliminarNon volver firmar actas, nin notas...
nin documentos oficiais.
Falar coas familias dende os centros para que coñezan o noso traballo e preocupación polo ensiño...teñen dereito a escoitar a nosa versión!
por suposto seguir traballando,educando, atendendo e avaliando...os nenos non teñen a culpa!
calquera proposta que interfira no traballo administrativo é boa...non permite aos inspectores quedar ben!
Sexamos UN CORPO! @ MESTR@
Non esquezamos que secundaria non é o noso enimigo. Tamén son educadores, podería ser un aliado, igual que os pais e nais.
Nós somos de secundaria. Nunca pensei que alguén nos chamase "inimigo" dos compañeiros mestres, dende logo
ResponderEliminarTal vez non sexa a palabra correcta inimigo, pero certa envexa é de todos coñecida! que se non vos afecta, que si estades noutro nivel...a implicación no é a mesma...bla,bla...
ResponderEliminarEso sí o coñecerías, non?
Persoalmente,non comparto ese tipo de comentarios, hoxe vin xente de secundaria na mani...e non vin a moit@s que despois falan así.
Grazas polo voso apoio!
Me niego a ver enemigos , me niego a quedarme quieta, me niego a dejar de trabajar. Quiero parar y reflexionar sobre la naturaleza profunda de mi trabajo. No quiero que puedan conmigo!
ResponderEliminarEstou totalemente dacordo contigo. Eu son profesora de francés, son coordinadora do EDLG (levar blog, revista e actividades varias), un agrupamento de lingua castelán(porque suprimiron un profesor),pertenezco ao Equipo da Biblioteca (implica ir a cursos de formación), dou clases de teatro, a parte de CCP, claustros, abalares, reunións de coordinación, de organizar viaxes e intercambios etc... Que máis nos van pedir???????
ResponderEliminarE despois según se vei na prensa quéixamonos por traballar 4 horas máis? Por favor .......
Concordo totalmente co que dis.Son tantas horas as que adico ao meu centro, igual que moitos compañeiros/as, que me levan os demos esa mala prensa que temos. E, por suposto, que hai profesorado que non merece estar no gremio (coñezo a uns cantos) e que a inspección debería velar por iso se é que realmente interesa a calidade da educación, pero ¿interesa? .
ResponderEliminarA min non me importa que no me horario aparezan máis horas de permanencia, xa as fago sen que mo digan, o que me doe é que detrás diso estea un recorte brutal de recursos humanos, e por iso PROTESTO.