26/07/11

O peixe vermello



Este non é un libro: é unha obra de arte en forma de libro. E isto é posible grazas á Faktoría K: a autora é Taeeun Yoo, e vén de nos deixar completamente fascinad@s, tanto pola historia en si como polas ilustracións. Claro que tiña moito camiño adiantado tratándose dun libro sobre libros... pero este é incrible! Unha aventura mesturada de soño e realidade nun mundo libresco, unha sensibilidade oriental que deixa pegada, unha complicidade co lector de calquera idade, unha maxia oriental... todo mesturado e velaí a obra artística da que vos falo: O peixe vermello. Non permitades que se vos escape: apresádeo ben forte e tédeo nos vosos andeis, porque sentiredes a necesidade de tocalo de cando en vez. De abrilo xa non digo nada: dáse por feito.





3 comentarios:

  1. Ademáis este libro temos que tocalo coas mans para apreciar a textura da tea que o envolve

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas por esta reseña tan fermosa e polos vosos comentarios tan amables. Feliz verán e felices lecturas.

    ResponderEliminar