01/07/11

Teresa González Costa en Forcarei

Ter a Teresa González Costa como última convidada do curso foi toda unha experiencia: amable, próxima, entusiasta, simpática, con esa aparencia de fraxilidade que descobre unha gran fouteza... Gústame ver como o alumnado goza con estas experiencias que a amabilidade e a xenerosidade dos autores e das autoras nos conceden: viren ata Forcarei para compartir a pericia da escrita coa práctica lectora de nenos e nenas.
Teresa explicóullelo todo: o porqué dos nomes, os caracteres dos personaxes, o proceso da escrita... falou e confioulles o segredo da súa propia bicicleta. E, sobre todo, conquistounos. Conquistounos a tod@s @s que a escoitamos. Non puidemos ter mellor fin de curso. Grazas, Teresa, de corazón.



2 comentarios:

  1. ¡Sempre é o mesmo! ¿Por que os profes permanecen de pe nos actos académicos? ¿Por se hai que sair correndo?

    ResponderEliminar
  2. Claro! Se hai lume, poñémonos a salvo!!!

    ResponderEliminar