27/07/11

Vou ter un irmán!!!


Publica Galaxia este álbum ilustrado (por fin!) de María Solar con ilustracións de Xosé Tomás: Vou ter un irmán!!!. Unha entrada que dende aquí vai ir dirixida ao meu colega Anxo porque o seu fillo estase a topar nunha situación semellante, mesmo o nome pode chegar a coincidir!
É un álbum fermoso, tanto polo texto como polas ilustracións, pero paréceme que non ten o acabado que debería; non sei se é debido ao papel -non entendo de edición- pero o resultado final creo que non é o máis axeitado, o que constitúe por si mesmo unha mágoa: poderiamos estar ante un álbum delicioso pero non chega a ser luminoso, non sei se me explico.
A dozura do texto destaca a carón dunhas ilustracións enxeñosas: a chegada dun bebé a unha familia non ten por que ser un trauma para a súa irmá se esta participa do día a día tal como nos sinala o texto.
Parabéns a esta editorial por retomar os álbums, botabamos de menos a colección que comezara con Unha chea de familias que coido mellor editada.

6 comentarios:

  1. Dende cando o tes???? eu aínda non o coñezo!!!

    ResponderEliminar
  2. Corro a buscalo e mercalo. Grazas Ronsel, sempre tan oportuna (Martina espera tamén un irmán)

    ResponderEliminar
  3. ...xa sabes que agasallo me podes facer , compi!! Moitas grazas pola dedicatoria!

    ResponderEliminar
  4. Anxo, xa pensaba agasallarcho, home. Non te adiantes!

    ResponderEliminar
  5. Xabi, parabéns. Agora vas andar máis ocupado aínda!

    ResponderEliminar
  6. Acabo de recibilo, querido anónimo... desta volta andei apurada!

    ResponderEliminar