23/08/11

Bibi y las bailarinas



Monique de Varennes é autora deste fermoso álbum incriblemente ilustrado por Ana Juan, publicado por Alfaguara: Bibi y las bailarinas é o relato da soidade extrema, da felicidade que non é proporcionada por cartos, da necesidade de amizade. E sobre todo de que aquilo que damos énos devolto en grandes cantidades, cando o que se fai, se fai dende o corazón. Polo que o álbum é unha viaxe ilustrada que parte dende o egoísmo ata a xenerosidade, dende a opulencia ao verdadeiro valor.


Non me estraña que Ana Juan sexa Premio Nacional de Ilustración 2010, a xulgar por este libro...

8 comentarios:

  1. que non fai falta ter dúas cousas de todo para ter a felicidade

    ResponderEliminar
  2. Este libro gustoume porque ten un valor importante a amizade e ademais o diñeiro non dá a felicidade pero unha boa aamizade si...

    ResponderEliminar
  3. este libro é precioso: trata da importancia da amizade porque a pesar de todo o diñeiro do mundo necesitas unha persoa en quen confiar

    ResponderEliminar
  4. pareceume moi bonito e entretido, ademais vese reflectido o valor da amizade.

    ResponderEliminar
  5. Este libro pareceume moi bonito, porque a muller dáse conta de que o que importa é a amizade que ten coas rapazas.

    ResponderEliminar
  6. Este libro gústoume, pareceume orixinal que as nenas de xoguete no finalse convertiran en nenas de verdade.

    ResponderEliminar
  7. este foi un bo conto...a min gustoume bastante o seu tema

    ResponderEliminar
  8. Este libro narra unha historia onde unha muller moi rica e fachendosa non descubre a felicidade ata que descobre o cariño que lle proporcionan dúas bonecas

    ResponderEliminar