
Monique de Varennes é autora deste fermoso álbum incriblemente ilustrado por Ana Juan, publicado por Alfaguara: Bibi y las bailarinas é o relato da soidade extrema, da felicidade que non é proporcionada por cartos, da necesidade de amizade. E sobre todo de que aquilo que damos énos devolto en grandes cantidades, cando o que se fai, se fai dende o corazón. Polo que o álbum é unha viaxe ilustrada que parte dende o egoísmo ata a xenerosidade, dende a opulencia ao verdadeiro valor.

Non me estraña que Ana Juan sexa Premio Nacional de Ilustración 2010, a xulgar por este libro...

Non me estraña que Ana Juan sexa Premio Nacional de Ilustración 2010, a xulgar por este libro...
que non fai falta ter dúas cousas de todo para ter a felicidade
ResponderEliminarEste libro gustoume porque ten un valor importante a amizade e ademais o diñeiro non dá a felicidade pero unha boa aamizade si...
ResponderEliminareste libro é precioso: trata da importancia da amizade porque a pesar de todo o diñeiro do mundo necesitas unha persoa en quen confiar
ResponderEliminarpareceume moi bonito e entretido, ademais vese reflectido o valor da amizade.
ResponderEliminarEste libro pareceume moi bonito, porque a muller dáse conta de que o que importa é a amizade que ten coas rapazas.
ResponderEliminarEste libro gústoume, pareceume orixinal que as nenas de xoguete no finalse convertiran en nenas de verdade.
ResponderEliminareste foi un bo conto...a min gustoume bastante o seu tema
ResponderEliminarEste libro narra unha historia onde unha muller moi rica e fachendosa non descubre a felicidade ata que descobre o cariño que lle proporcionan dúas bonecas
ResponderEliminar