17/08/11

Galego. Á beira do mar


Fermoso álbum tanto polo texto de Juan Farias como polas ilustracións de Xosé Cobas, publicado por Kalandraka: Galego. Á beira do mar é a poesía das lembranzas dun home maior, o seu amor, a súa vellice, a convivencia cotiá, o paso dos anos... Domina a tenrura acaída por unhas ilustracións fermosamente lenes e profundas que nos fan sentir o paso e o peso dos anos xunto ao Rapaciño xa vello, só, que segue a falar coa súa amada na ausencia definitiva. Un libro extraordinario que provoca que, ao pechalo, pechemos tamén nós os ollos na procura dunha dorna e soñar.

"Rapaz, Rapaciño, chamábanlie O Rapaciño. O nome propio e mais os apelidos caéronlie a por de non usalos... O Rapaciño, para todos, era o filio de Peixeira, o pai da Roxa, o avó do Pencas."

Engadimos esta ligazón que nos chega grazas á compañeira Rosa: un incrible traballo o realizado dende a biblioteca do CEIP de Pazos sobre Juan Farias.

4 comentarios:

  1. Desde a Biblioteca Xoán Farias, a Biblioteca do CEIP de Pazos, traballamos co libro "Galego. Á beira do mar" polo Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Recollimos todas as actividades realizadas nun gloster, que aquí vos deixo.

    http://chispazos.glogster.com/galego-beira-do-mar

    E todas as actividades que levamos feitas sobre "o noso" Xoán Farias en:
    http://biblospazos.blogspot.com/search/label/Juan%20Farias

    Apretas desde o CEIP de Pazos - Ferrol.

    ResponderEliminar
  2. Ola Rosa. Se te fixas, a ligazón que tiña escollida para o libro foi precisamente o voso Gloster, xa que me chamou a atención (é unha marabilla) cando o topei. Parabéns polo voso traballo.
    Apertas

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas a TRAFEGANDO RONSEIS por esa reseña tan fermosa e ao CEIP DE PAZOS por ese estupendo traballo sobre a obra de Juan Farias.

    ResponderEliminar
  4. Grazas vós por nos arruinar os petos cada día!!!

    ResponderEliminar