25/08/11

La niña desdichada


Alguén de vós é capaz de adiviñar canto tempo estiven na caseta de Libros del Zorro Rojo en Viñetas dende o Atlántico? É o malo de non ter máis cartos: que non podermos mercalos todos e hai que elixir. Por riba, só podía elixir un. E desta volta tiña claro que quería un de Edward Gorey, polo que me deixei aconsellar pola encantadora representante da editorial: La niña desdichada. Abofé que é unha pequena xoia: humor negro levado ás últimas consecuencias sen ningunha concesión á esperanza; todo no libro é unha pura traxedia que fai que a alma do lector vaia devecendo con cada páxina ata petrificarse na última páxina. As ilustracións que acompañan o texto, tamén de Gorey, son delicadas e precisas, en branco e negro -coma o texto-, e todo nun libro de pequeno formato moi axeitado que constitúe unha alfaia relucente nos andeis da libraría.




8 comentarios:

  1. Este libro non me gustou, é moi triste a desgraza da nena vai a peor, pero é todo unha realidade hai personas que teñen unha vida peor...

    ResponderEliminar
  2. este libro é moi triste porque á rapaza ocorríanlle moitas desgrazas

    ResponderEliminar
  3. non me gustou o libro porque é moi triste, ten unhas ilustracións moi bonitas

    ResponderEliminar
  4. este libro non me gustou moito...foi moi triste como a trataban

    ResponderEliminar
  5. Non me gustou o libro, paréceme moi forte a vida desa nena, porque na vida real tamén hai nenas que están a sufrir iso.

    ResponderEliminar
  6. este libro non me gustou moito aínda que é interesante

    ResponderEliminar
  7. este libro é moi triste, pobre rapaza non sae dunha desgraza e métese noutra

    ResponderEliminar
  8. Este libro pareceume moi triste, polas desgrazas da rapaza que lle van cada vez a máis.

    ResponderEliminar