12/09/11

Casi



Xa teño falado ben veces deste autor, Manu Larcenet, e xa sabedes canto me gusta. Sendo este un libro ben diferente, Casi, publicado por Bang Ediciones, non queda atrás. Casi é unha obra autobiográfica e "necesaria" para o autor, tal como el nos explica ao comezo, para botar fóra canta rabia sente e acumulou mentres realizaba o servizo militar.
A obra é totalmente diferente porque abandona aquel estilo humorístico doutras obras para relatarnos con crueza o medo, a desesperación, mediante unha obra escura, negra, mesmo deprimente, que reflicte fielmente o seu estado de ánimo.
Se algún de vós lembra este período da súa vida, supoño que podedes sentir o reflexo do espello que vos propón Larcenet. Se non temos esas lembranzas, deixádevos seducir por esta obra. Para min, do mellor do cómic que levo lido ultimamente.



Ningún comentario:

Publicar un comentario