15/09/11

El viaje

Edmon Baudoin realiza en El viaje, publicado por Astiberri, un formidable traballo de epresividade comiqueira. Hai unha combinación de debuxo e poesía que resulta do máis atraente, converténdose nun cómic totalmente seductor que axuda o lector na súa propia viaxe liberadora.
Sen un argumento demasiado orixinal (oficinista que foxe da súa existencia gris para liberar o seu ego), o que máis me gustou foi o debuxo, como as cabezas se van refigurando en axuda das emocións; isto fai que o cómic se convirta, sobre todo, nunha gozada visual. O seu debuxo é unha auténtica suxestión, insinuando todo o que por detrás estase a narrar. Por iso os trazos converten en cómic a nosa propia existencia, porque a viaxe interior cara á madureza vital vén dada neles máis que nas palabras. E así é a existencia.
Fermosísimo.


1 comentario:

  1. Viaxe liberadora, oh! que ben sona isto. Aínda acabo de reincorporarme e xa teño ganas de largar de novo

    ResponderEliminar