29/09/11

La composición



Precioso álbum publicado por Ediciones Ekaré, La composición é de Antonio Skármeta con ilustracións de Alfonso Ruano. Unha demostración de que o álbum serve para falar de calquera realidade política de xeito que calquera poida achegarse a ela, entendéndoa. As ilustracións son realistas, coa necesaria dramatización.
A historia desenvólvese nun país calquera latinoamericano, nos anos 70. Inevitable pensar en Chile, pero non hai ningún dato no libro que o especifique. Simplemente, o lugar dá o mesmo para falar de falta de liberdade, de intolerancia, de terror. Mesmo consegue momentos de tensión mentres non avanzamos na lectura. Está moi conseguido o retrato da intelixencia infantil, o feito de se percatar do medo, da inxustiza, da incomprensión. Porque un neno debe xogar e ser feliz, pero tamén observa e responde.





7 comentarios:

  1. Pareceume bonito, pero moi triste, porque os maiores sempre se queren aproveitar dos nenos pequenos.

    ResponderEliminar
  2. este conto non me gustou moito, por como estaban os rapaces

    ResponderEliminar
  3. este libro é moi triste, maligno porque utilizan os nenos pequenos para averiguar que fan os pais pola noite pero este neno é moi listo é contalle unha mentira

    ResponderEliminar
  4. Este libro non estivo mal, e o rapaz foi moi listo ao non delatar os pais.

    ResponderEliminar
  5. Este libro é un libro triste... fálanos dunha dictadura e de como os xenerais usaban os nenos a traves dunha redacción para saber se eran demócratas e poder prendelos.

    ResponderEliminar
  6. gustoume este libro pola forma de contalo e as ilustracións que ten

    ResponderEliminar
  7. este libro é moi triste xa que fala moito da dictadura e usan aos rapaces para saber o que fan os pais.

    ResponderEliminar