23/09/11

Saladina


Mentres agardamos -xa nos tarda- a inminente publicación do flamante premio Xerais deste ano, e mergullándome en novos proxectos, lin este libro do mesmo autor, Xabier Queipo, publicado por Galaxia na súa colección Costa Oeste.
Saladina lembra libros míticos como "A mil e unha noites" ou o "Simbad" de Cunqueiro. É un libro breve que nos achega sete relatos curtos, fantásticos, que un avó conta á súa neta Saladina. E con ela viaxaremos por mundos descoñecidos e atoparemos animais incribles mentres pasamos cada páxina. Porque tamén Saladina será contadora de historias, único medio de poder conservar na lembranza a historia do mar e dos individuos, da literatura e da ensoñación. E é que só con estas historias os viaxeiros que as escoiten terán un lugar para os seus soños.
Unha recomendación de literatura xuvenil moi acaída.



Ningún comentario:

Publicar un comentario