26/10/11

El herbario de las hadas


Que xoia! Que preciosidade! Temos outro libro de Benjamin Lacombe que nos apreixa o entendemento para namorarnos loucamente! O autor desta marabilla titulada El herbario de las hadas é, xunto con propio Lacombe, Sebastien Pérez e está publicado, claro, por Edelvives (doutra volta, volvemos observar como hai versión en catalán e en español, en galego semella imposible).
Non sei se debo falar novamente deste ilustrador que consegue unha maxia especial. Neste libro sobre todo, posto que é un libro "máxico". A historia trata dun botánico ruso Alexandr Bogdanovitch, que en 1914, por orde de Rasputín, viaxa ao bosque de Broceliande e alí atopa un fantástico mundo poboado de seres extraordinarios.
As ilustracións son... buf, unha pasada, non sei que palabra podería expresar a beleza que poderedes ver; hai páxinas de papel vexetal, espectaculares ilustracións botánicas, máxicas e fantásticas acuarelas, collages, recortes. Deses libros que pensas que tes que regalar a seres queridos porque ninguén pode pasar sen telo.








Así se fixo:


4 comentarios:

  1. Ten unhas imaxes, pareceme moi orixinal a forma das páxinas do libro.

    ResponderEliminar
  2. as imaxes son preciosas reflicte un mundo de maxía

    ResponderEliminar
  3. Este libro é moi bonito, e ten unhas ilustracións preciosas e moi orixinais.

    ResponderEliminar
  4. Moita beleza xunta. Moita arte. Despois disto non sei que máis se poderá facer

    ResponderEliminar