19/10/11

Fibonacci. El soñador de números



Recoméndovos este libro, coma sempre, por ser un álbum ilustrado fermosísimo pero tamén a todos aqueles que gustades das matemáticas (veño de ensinarllo a Anxo e xa me confirmou que el tamén o quere). O libro Fibonacci. El soñador de números é de Joseph D 'Agnese con excelentes ilustracións de John O'Brien, publicado pola editorial Juventud (en catalán e en español!!!). O álbum é en realidade unha biografía de Leonardo de Pisa ou Pisano Leonardo Leonardo Bigollo (c. 1170-1250), tamén chamado Fibonacci, un neno que soñaba cos números sen que ninguén o comprendese. Un home que foi un dos maiores matemáticos da historia, coñecido sobre todo pola secuencia Fibonacci. Un libro moi interesante dende o punto de vista divulgativo e biográfico: deses que non abondan. Libros coma este son necesarios, ogallá se publicase tamén na nosa lingua.
Porque soñar, aínda que non te comprendan, é importante, e non se debe renunciar aos soños.




As ilustracións son verdadeiras obras de arte.



Ao final trae xogos matemáticos de moita utilidade nas aulas.

Aquí podedes ver un vídeo sobre o libro en inglés.


7 comentarios:

  1. Mira por donde se aprende a xogar cos números e tamén coñecer mundo.

    ResponderEliminar
  2. Eu voume a atrever a recomendar outro libro:
    Fibonacci. El primer matemático medieval.
    Autor: Ricardo Moreno Castillo
    Editorial: Nivola
    Só son 100 páxinas, pero para os que sexan capaces de aturar as matemáticas.

    ResponderEliminar
  3. Se é de Nivola, é un bo libro... para especialistas. Este éche para que leas cos teus fillos sen aburrilos coas túas mates!

    ResponderEliminar
  4. Quina casualitat, divendres el vaig comprar per la biblioteca!

    ResponderEliminar
  5. Està ben escrit.
    Es fácil de entender y las ilustraciones son bonitas.
    y me encantan los números: 1,1, 2, 3, 5, 8, 13...

    ResponderEliminar