01/10/11

Guernica

Ao fío da lectura do relato "A lingua das bolboretas" co que iniciamos o curso en 2º de ESO, falamos da Guerra Civil e lemos asemade este fermoso libro publicado por Kalandraka, Guernica, con texto de Heliane Bernard e ilustracións de Olivier Charpentier.
Coa súa lectura coñecemos a rabia e a dor que a Picasso lle provocou o bombardeo sobre Guernica, que o impulsou a realizar esta obra de gran tamaño para a Exposición Universal de París e que acabou converténdose nun símbolo da liberdade, nunha metáfora da inxustiza e unha fotografía dos horrores da guerra. As ilustracións utilizan o negro e o vermellos como metáfora ou símbolo da morte e do sangue.
Moi interesante tamén é o anexo con información sobre a historia de España na década dos 30 e a biografía de Picasso. Con el falamos dunha guerra que non coñecen e que semella moi afastada, pero que non o está tanto. E serviunos para achegarnos un pouquiño ao comportamento do ser humano, tan cruel en ocasións.



9 comentarios:

  1. A arte tamén nos fala destas cousas. Que boa maneira de ensinar, se señora!
    Viva kakandraka!

    ResponderEliminar
  2. Con libros así é fácil ensinar. Tes razón.

    ResponderEliminar
  3. Gustoume porque cando hai que poñerse da outra parte para que non os maten,fixérono.

    ResponderEliminar
  4. Guernica é un libro moi bonito pero moi triste. Trata sobre un cadro de picasso.

    ResponderEliminar
  5. Representa o odio que sentía Picaso cara Franco, Musolini e Hitler cando non podía facer nada para evitalo.

    ResponderEliminar
  6. É un libro que trata sobre un cadro de Piccaso. A verdade é que a min non me gustou. Porque se me fixo un pouco pesado e pareceume triste. :(

    ResponderEliminar
  7. Gustoume moito o libro,porque entreten moito

    ResponderEliminar
  8. Gustoume porque me gustou o cuadro

    ResponderEliminar