20/10/11

Homenaxe a Chano Piñeiro (I)

Hoxe organizamos no IES Chano Piñeiro unha merecida e necesaria homenaxe a este director de cine, nado en Forcarei, de quen toma prestado o nome o noso centro de ensino. Comezaremos coa proxección da curta "Mamasunción" para logo pasar a ter unha mesa redonda coa presenza da súa viúva, MariLuz Montes, Rochi e Miguel Anxo Fernández. Aos tres agradecemos a súa presenza.
O acto terá a semana próxima unha segunda parte coa presenza da actriz Uxía Blanco e a proxección da longamentraxe "Sempre Xonxa".
Déixovos a curta:



7 comentarios:

  1. A luz de Chano Piñeiro relumbra de novo

    ResponderEliminar
  2. estivo moi ben porque chano fixo moito trballo para dirixir a unha señora maior

    ResponderEliminar
  3. non me gustou moito esta curta porque me pareceu moi aburrida e triste

    ResponderEliminar
  4. pareceume moi triste e moi realista por desgraza

    ResponderEliminar
  5. A charla non estivo mal, foi interesante e bonito ver películas que axudaron a expresar o galego.

    ResponderEliminar
  6. non me gustou a curta porque era algo triste, e ao final queima os cartos

    ResponderEliminar
  7. Non estivo mal e foi interesante, e está ben saber que temos curtas e películas no noso idioma que é o galego.

    ResponderEliminar