24/10/11

La niña silencio


Non sei a razón de que este magnífico libro sexa un mini-álbum, pero como o tamaño non é o que importa prégovos que o teñades en consideración. Eu cheguei a el porque as ilustracións son de Benjamin Lacombe, e iso para min xa era suficiente. Pero, ai!, cando lin o texto...!!!
Cécile Roumiguière aborda en La niña silencio -publicado por Edelvives- o tema do maltrato infantil. E achégase a el dun xeito delicado e comprometido, mediante metáforas, pero con esperanza. As ilustracións, non podían ser doutro xeito, son fermosísimas en tons vermellos, con ese toque tan Lacombe que me ten totalmente prendida do seu traballo.




8 comentarios:

  1. este libro é moi triste porque maltrataban a nena

    ResponderEliminar
  2. É un libro moi bonito pero moi triste,trata dunha nena que é maltratada polos seus pais.

    ResponderEliminar
  3. Pareceume super triste, pero ao mesmo tempo moi bonito. O que máis pena me dá é que na vida real pase o mesmo que o que lle pasa á nena no conto.

    ResponderEliminar
  4. Este libro é moi triste, é horrible que os pais lle peguen sendo tan pequena

    ResponderEliminar
  5. Pareceume super triste, pero ao mesmo tempo moi bonito. O que máis pena me dá é que na vida real pase o mesmo que o que lle pasa á nena no conto.

    ResponderEliminar
  6. este libro gústame porque é moi realista e conta o martirio que desgraciadamente sofren moitos rapaces

    ResponderEliminar
  7. este libro non me gustou porque é moi triste e moi aburrido

    ResponderEliminar
  8. Este libro está ben para explicarlles aos nenos pequenos o maltrato dos pais cos fillos. É triste, pero é a realidade.

    ResponderEliminar