21/10/11

Nómades



A editorial Galaxia vén de publicar estes días un precioso cómic que merece os nosos máis entusiastas parabéns, non só polo libro senón pola calidade da edición. Nómades é de Xosé Tomás, un monllo de historias curtas sobre a emigración dende a óptica feminina. Gústame sobre todo ese xeito de non rematar cada historia, deixando que cadaquén entenda ou sobreentenda a dura vida destas mulleres explotadas, prostituídas, indaptadas, agochadas...



1 comentario:

  1. Benvida Galxia ás novelas gráficas. Están facendo falta.

    ResponderEliminar