28/11/11

Abraham Carreiro en Forcarei

Dentro da actividade da Ilustración que vimos de comentar, encádrase a visita de Abraham Carreiro. Nesta ocasión unimos ao alumnado do colexio máis maior e o noso do instituto máis pequecho coa lectura do libro Xoeliki, publicado por Sotelo Blanco, e pedímoslle ao autor do mesmo que viñese a falarnos do que mellor sabe facer: debuxar. Abofé que foi un éxito: todo un prodixio de velocidade co lapis e de amabilidade co público, que gozou aprendendo a dar os primeiros pasos dun cómic.
Moitas grazas, Abraham!



Mañá agardamos impacientes a Xabier Docampo e Xosé Cobas. Que emoción!



12 comentarios:

  1. Esta charla gustoume moito, porque nos aprendeu a debuxar os tipos de viñetas.

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moito, divertinme e paseino ben.

    ResponderEliminar
  3. Unha Actividade da ilustración na que aprendimos a deuxar cómics.
    A min non me gustou.

    ResponderEliminar
  4. foi moi divertido e gustaronme moito as ilustracions

    ResponderEliminar
  5. Ese día paseino bastante ben,gustoume facer o debuxo do gato que queda sen dentes.Despois Abraham firmounos o libro.

    ResponderEliminar
  6. Gustoume que viñera e que nos mandara debuxar a todos,ainda que me saiu algo mal.

    ResponderEliminar
  7. Con Abraham pasámolo moi ben facendo debuxos, axudábanos cando non nos saía.

    ResponderEliminar
  8. A visita de Abraham Carreiro foi moi entretida, explicou como debuxar comics e ao final tivemos que debuxar un neno que comía un bocadillo que tiña unha bomba e rompéronlle os dentes.

    ResponderEliminar
  9. Esta mañá pasámolo xenial. Abraham ensinounos a como facer unha ilustración. Portouse xenial con nós, resolvendo dubidas e dicíndonos os pasos a seguir para un debuxo. Abraham está moi bo, ten que controlar esos levantamentos de camisa que fai sen querer, supoño...

    ResponderEliminar
  10. Foi moi entretida e divertida,a idea de facer nós un cómic gustoume moito,paseino moi ben.

    ResponderEliminar
  11. O que máis me gustou foi debuxar.

    ResponderEliminar
  12. Gustoume moito poder facer nós os mosos propios debuxos sobre todo o de debuxar un robot e tamén me gustarón moito os que fixo Abrahan .

    ResponderEliminar