26/11/11

Contra a violencia, no centro


Todo o alumnado do IES Chano Piñeiro traballou este tema. O alumnado de Relixión veu diversas curtas e logo realizaron alegacións contra a violencia de xénero. O alumnado de francés souberon da existencia da campaña francesa "Ni putes ni soumises" e traballaron sobre ela. O alumnado de 2º ESO de galego aprendeu o que é o "Twitter" e escribiu mensaxes curtas; nas titorías, e Educación para a Cidadanía... entre todos e todas lembramos a existencia das diferenzas que aínda perduran entre homes e mulleres.
No corredor da biblioteca pódense ler algúns destes traballos, a carón dunha bata de home e outra de muller que simbolizan a igualdade.







Nas fotos podedes ver a montaxe e o momento en que o xurado deliberou a quen darlle o premio á mellor mensaxe:



2 comentarios:

  1. Bueno Gracia xa vexo que segues sen conformarte con chegar o instituto e dar a clase...segues facendo outras actividades por unha mellor educación,por telos contentos,por compromiso ó que esta ben.Encántame.
    Vendo esta entrada acordeime do día da muller traballadora aquí no meu instituto IES Luis Seoane,deron unha charla e non deixei de pensar no que te houbera gustado escoitala.

    ResponderEliminar
  2. Xa sabes que algúns non servimos para outra cousa... graciñas polo comentario e por recordarme. Doutra volta avísame con antelación, a ver se puidese acudir a esa cita!!!

    ResponderEliminar