27/11/11

De sangre y ladrillos



Gustoume moito este cómic con guión de Régis Hautiére e debuxo de David François: De sangre y ladrillos está publicado por ediciones Kraken. Un cómic que é novela negra e que, coas características desta, engancha dende o principio. A acción desenvólvese nun lugar real, o Familisterio, situado en Guisa (Francia), un lugar que busca facer realidade as teorías do socialismo utópico e que se converte nun personaxe máis da historia. O tempo tamén é histórico: vai comezar a Primeira Guerra Mundial, dato importante a ter en conta na lectura do cómic. E logo xa podedes mergullarvos nun libro que vos terá atados a el ata rematardes a lectura.
O feito de tratarse dunha novela negra incide, supoño, na cor predominante nos debuxos, que adoitan ser escuros. O escenario é un lugar opresivo e o xeito de debuxar os personaxes achégaos ás caricaturas nas que é mesmo perceptible a mesquindade ou a honradez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario