15/11/11

Mariluna


Fermosísimo álbum dunha editorial que veño de descubrir, República Kukudrulu. Mariluna está escrito por Ana Tortosa e ilustrado por Nicoletta Tomás. Un libro moi especial que nos fará deternos a cavilar sobre o autismo, da necesidade de achegarnos a eses nenos e nenas que son diferentes e que miran todo dende un punto de vista único do que non nos fan partícipes. Unha infancia afastada que todo o observa e analiza para logar chocar de golpe coa incomunicación que os afecta.
Sinxelamente, fermosísimo.

2 comentarios:

  1. Comparto plenamente e alégranme as vosas palabras.
    É un libro tan especial como Mariluna é especial.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Si que o é. Grazas, Consuelo, pola visita e o comentario. Saúdos

    ResponderEliminar