08/11/11

Mourir auprés de toi

Grazas a Biblosvivos coñezo Mourir auprés de toi (Morrer ao teu carón), unha curta de animación de Spike Jonze e a deseñadora de bolsos francesa Olympia Le-Tan, que ten como escenario a lendaria libraría parisina Shakespare & Company. A curta conta unha historia de amor entre o esquelete de "Macbeth" e Mina Harker, heroína de "Drácula"; pero, claramente, terán que se enfrontar a varios obstáculos literarios, pois interpóñense no seu camiño El gran reloj de Kenneth Fearing, Sartoris de William Faulkner e ata Moby Dick de Herman Melville. Teremos un final feliz?

Spike Jonze: Mourir Auprès de Toi on Nowness.com.


Ningún comentario:

Publicar un comentario