22/11/11

Non á violencia contra as mulleres (CCXXVIII)

No blogue do IES Fernando Esquío descubro esta boísima curta, "Propiedad privada":





O Instituto asturiano da muller presentou este traballo didáctico para a prevención da violencia de xénero a partir da análise da curtametraxe de Ángeles Muñiz “Propiedad Privada”. Baixo o lema "construíndo contigo a igualdade" nesta curta abórdase a violencia que poden sufrir as mulleres na súa vida cotiá, nas súas relacións afectivas e como a tolerancia da contorna non axuda a atopar unha saída.

A verdadeira situación que vive Marta, a protagonista, na intimidade do seu fogar, non se reflicte na posición social que ten nin na amabilidade de Carlos coa familia e as amizades da parella. Marta vese encerrada nunha dinámica de sometemento, control e continuas agresións físicas e psicolóxicas por parte do seu compañeiro.

Unidade didáctica en PDF.

4 comentarios:

  1. parécenos super forte, tíos como este non deberían existir. E para ter unha nai que che dea eses consellos e que non te apoie é mellor que non che tivese dado a vida.

    ResponderEliminar
  2. isto paréceme horrible non hai quen ature a unha persoa así de prepotente que se cre que é mais cás mulleres e que as trata como se fose inferior; e o peor é o de querer manter relacións sexuais á forza, a loca non é ela senón el; ela é moi parva por aguantalo.

    ResponderEliminar
  3. debería ser forte e pasar páxina

    ResponderEliminar
  4. é moi vergoñento e moi malo; peor é o que está pasando na realidade

    ResponderEliminar