01/11/11

O ano que os pitos perderon a cabeza

Un álbum moi axeitado para o día de Samaín é este de Pablo Albo con ilustracións de Mikel Mardones publicado por OQO: O ano que os pitos perderon a cabeza. Un libro cheo de humor para falar de medo, en que os zombis son galiñas que non hai xeito de matar ata que aparece a salvación, en clara referencia ao clásico frautista de Hamelín, e cun final simpático. Chama a atención a profusión de ilustracións, moi expresivas e mesmo cómicas que nos invitan a perdernos durante un tempo entre os detalles que abondan en cada páxina.


Sempre se dixo que, se na noite de defuntos hai lúa chea, o primeiro raio da súa luz, alá onde caia, devolveralles a vida aos mortos. Unha vez pasou, e o primeiro que iluminou a lúa foi a leira de millo do señor Evaristo. Bernaldo, cando ninguén o vía, deulles as mazarocas afectadas aos polos que ían cara ao matadoiro.
A partir de entón, aconteceron na vila cousas moi estrañas.



8 comentarios:

  1. este libro é unha pasada de divertido, o de que os polos pola noite, despos de mortos toleaban...

    ResponderEliminar
  2. Este libro é super
    enxeñoso. Este libro é o mellor que lin

    ResponderEliminar
  3. Este libro estivo moi ben, pareceume moi simpático.

    ResponderEliminar
  4. este libro gustoume porque é moi divertido e ten moi boas ilustracións

    ResponderEliminar
  5. este conto estivo moi ben porque aparecían uns personaxes de contos de terror e as ilustracións eran moi reais.

    ResponderEliminar
  6. este libro está ben polas ilustracións e mais pola historia dos pitos

    ResponderEliminar
  7. Este libro está ben para halloween, non estivo mal.

    ResponderEliminar
  8. este é un libro moi divertido e cunhas ilustracións moi boas, gustoume moito

    ResponderEliminar