21/12/11

Cabana de Balieiros


Gustoume moitísimo este cómic de Tokio (Alfredo López Fernández) publicado por Demo: Cabana de balieiros. Unha obra que fala de atraso relixioso e modernidade social da man da lectura e dos libros en contra da relixión cunha protagonista indiscutible, unha muller valente que cre na educación por riba de todo. E todo isto nunha vila mariñeira que loita contra ladróns e supersticións da man de canónigos fraudulentos. Un cómic con moita acción moi ben logrado.


Ningún comentario:

Publicar un comentario