18/12/11

Cando chove




Con estes títulos non hai quen se resista: encántame que chova!!! E Faktoría K de libros ofrécenos este suxestivo título que fala do ben que o pasa unha nena cando chove, mentres que os adultos rexeitan eses momentos. Os adultos de cidade, asegura o meu alumnado posto que os do rural ben precisan da choiva e son conscientes do necesaria que é. Cando chove está escrito e ilustrado pola guipuscoana Leire Salaberria gañou o Premio Etxepare de Álbum Infantil en Euskera. A choiva vista con ledicia para xogar con ela e vivir momentos máxicos que sen ela non poderían ser vividos.



Cando chove... O meu can métese en todos os charcos do paseo.
Chega á casa coas catro patas e o fociño manchados de lama, contento, movendo o rabo.
Mamá cólleo do pescozo e méteo no lavabo ata que sae branco outra vez...

7 comentarios:

  1. este conto non me gustou porque hai moita xente á que non lle gusta a choiva e son opinións diferentes

    ResponderEliminar
  2. Este libro estivo bastante ben.

    ResponderEliminar
  3. O conto non estivo mal e como é normal a todos os nenos lle gusta a chuvia

    ResponderEliminar
  4. Este libro é bastante entretido pero a min non me gusta a choiva.

    ResponderEliminar
  5. este libro é algo raro porque se xoga mellor con sol ca con chuvia

    ResponderEliminar
  6. Este conto cóntanos como hai nenos aos que lles gusta a choiva e son felices cando chove.

    ResponderEliminar
  7. o conto este non me gustou moito

    ResponderEliminar