15/12/11

Cocorico


Constrúe este texto Marisa Núñez a partir dun conto tradicional birmano, con ilustracións de Helga Bansch, Cocorico está publicado por OQO. Un conto tenro dun pitiño que deberá aprender axiña unha boa lección se non quere desaparecer do mapa!
Aquí tedes un xogo en LIM. E aquí unha canción.

Cocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai. Un día que Mamá Galiña vai facer biscoito, o pitiño ofrécese a ir pola leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar. De milagre, Cocorico salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da merenda. Mais, unha vez pasado o perigo, o lambón de Cocorico esquece o trato e come o biscoito enteiro. A mamá anóxase: vai vir Gato Pelado e vaite comer dun bocado! Nisto escoitan un ruído na porta: É Gato Pelado reclamando a súa metade de biscoito…


Ningún comentario:

Publicar un comentario