Antón Riveiro Coello, xeneroso de seu, fíxome chegar este seu libro que el deu en denominar "álbum" porque sabe o meu amor por tal formato de publicacións. Porén, debo precisarlle que este fermoso volume que tivo a ben agasallarme (seguramente nunca o vería diante se non fose deste xeito) é un libro ilustrado; ilustrado por Pilar Sevillano Cuadrado e editado polo Centro de Cultura Popular do Limia.
O libro conta a lenda do río Limia, esa que outorga poderes máxicos á súas augas facendo perder toda lembranza a quen ouse cruzalo. Unha lenda que é contada polo profesor na aula e que o noso protagonista non tardará en facer súa, soñándoa e facéndose protagonista da mesma.
Coa prosa engaiolante de Riveiro Coello, imos evocando unha memoria común da zona e imos acariñando a sedución dunha historia que non coñeciamos e que ao mesmo tempo procuramos próxima como ben colectivo protexido do esquecemento do noso ou de noso, que é algo demasiado real na nosa sociedade.
Así que se tedes oportunidade de atopalo nunha libraría, achegádevos a el e olládeo, de seguro que vos atraerá o seu misterio. Máis sabendo que o texto é garantía de autor.

Como dices ben a prosa é engaiolante pero creo que o realmente xenial son as ilustracións, que fan que a historia se che meta polos ollos. Estupendo traballo Pilar Sevillano.
ResponderEliminarDesta volta, a min particularmente, gústame máis o texto. Grazas polo comentario. Saúdos
ResponderEliminarA prosa non é engaiolante para nada. A estratexia narrativa da que parte o autor: a explicación do mestre na escola, a conversa co avó e o soño do cativo derivan nun relato pouco entretido e bastante pesado para os lectores miudos. As ilustracións, en cambio, son realmente magníficas.
ResponderEliminarÁ prosa podería ter dado máis de si. Fáltalle raza. É un conto para nenos en todo menos no texto. A historia tal e como está formulada ten escaso atractivo para o lector miudo. É unha lástima porque as ilustracións, efectivamente son magníficas.
ResponderEliminarO realmente interesante, as ilustraciós. Os nenos que coñezo non se divertiron moito que digamos coa historia.
ResponderEliminarA historia, un tanto aburrida. Con este contido, podería saír un relato máis atractivo para os lectores miudos.Estou dacordo con Aurora, o traballo de ilustración é magnífico.
ResponderEliminarMoitísimas grazas a toda polas vosas achegas e opinións. A maxia da literatura ilustrada!!!
ResponderEliminarPido disculpas a Ronsel por ter sido tan pesada cos comentarios: Emperreime en que facía algo mal ó non velos publicados de modo instantáneo e insistín de maneira caprina unha e outra vez. Quedade con un e desbotade o resto.
ResponderEliminarUn saúdo e perdoade.
Mave/Avelina
Non pasa nada, Mave, eliminaranse. Grazas pola visita e por contribuír. Saúdos
ResponderEliminar