Como remate ás actividades arredor da ilustración que durante todo este último mes protagonizou o instituto, Xosé Ballesteros e Macu Fontarigo ofrecéronnos unha interesantísima charla este luns 19 sobre o proceso de edición, ensinándonos libros de todas as clases ata facernos dubidar sobre unha interesante cuestión: Que é un libro?
Ballesteros comezou realizando unha pequena historia da edición do libro, ensinándonos os "tipos": as letras do alfabeto en caixas, e logo pasando aos pregos grandes que se deben dobrar logo ata o formato folio, pregando varias veces segundo o tamaño que se queira obter do libro.
Tamén nos falaron dos fotolitos para conseguir as cores. Como a partir do sian, a maxenta, o amarelo e o negro se fabrican todas as cores. E de como buscan papeis ecolóxicos, aínda que o tipo de papel inflúe moito no resultado final do libro.
Eles reciben diferentes orixinais, seleccionando aqueles que lles parecen máis interesantes e insertándoos en diferentes coleccións segundo as idades. Logo buscan no seu "banco" de ilustradores aqueles que consideran acaen mellor a cada texto.
Maurice Sendak lembraba que un álbum ilustrado é coma un tecido onde non se poden ver as puntadas: estes son os libros que nos agasalla todos os sentidos a editorial Kalandraka: un mundo para soñar.
Moitas, moitísimas grazas a ambos.

Todo un luxo para eses rapaces contar cos artífices dunha editorial galega punteira no mundo. Nada menos!
ResponderEliminarQue experiencia tan enriquecedora e gratificante para nós. Moitas grazas pola vosa hospitalidade e atención.
ResponderEliminarGrazas a vós. Por virdes, por ilustrarnos, por serdes tan amables e xenerosos... mesmo por arruinarnos! Feliz ano
ResponderEliminarNesa charla paseino ben, e aprendimos moitas cousas sobre a edición de libros.
ResponderEliminarEsta charla resultoume algo aburrida, pero tamén foi entretida.
ResponderEliminarEsta charla estivo ben porque así aprendemos como se editan e publican os libros.
ResponderEliminargustoume a actividade porque aprendimos moito
ResponderEliminarFoi interesante pero aburrida.
ResponderEliminaresta charla non me gustou moito porque foi algo aburrida
ResponderEliminarEste charla estivo ben a pesar de que o señor non deixaba falar á señora. Aprendéronnos como se editaban e editan os libros
ResponderEliminar