
Se ides
a esta información falaranvos dos novos perigos que poden atacar aos adolescentes arestora:
- Sexting: Consiste no envío de material con contido sexual (principalmente fotos u vídeos), creados en xeral polo protagonista do contido e enviado a outra persoa utilizando elo teléfono móbil.
- Sex-casting: Gravación mediante a webcam de contido sexual e difundiro mediante o e-mail ou calquera dos medios disponibles nas redes sociais.
- Ciberbullying: Acoso dun menor cara a outro menor, mediante insultos, ameazas, vexacións, chantaxe, etc, utilizando as novas tecnoloxías.
- Grooming: Conxunto de estratexias que unha persoa adulta utiliza para ganarse a confianza do menor a través de Internet co obxectivo de conseguir concesións de índole sexual, xa sexa o envío de fotos ou vídeos como de manter un contacto físico.
- Sextorsión: Chantaxe utilizando material con contido sexual da vítima, á que se ameaza coa súa publicación.
O triste é que isto pasa na realidade e non se deberían usar as tecnoloxías para isto.
ResponderEliminarIsto está a pasar moito ultimamente porque cada vez hai máis menores na internet e os pederastas aproveitan para enganlos
ResponderEliminarCreo que este tema é bastante importante, pero non todos somo así. Non hai que confiar na xente que coñezas por páxinas de internet, nin enviar fotos de contido erótico, ou non.
ResponderEliminarPerigos que xa existían, o único que está a cambiar son as formas.
ResponderEliminarSi que existían os perigos, e existirán sempre, por iso é tan importante e a formación e a educación.
ResponderEliminariso, iso...non todo o monte´é loureiro
ResponderEliminar