
A partir dun conto tradicional danés, A pota que trota conta con texto de Patacrúa e ilustracións de Kristina Andres; publicado por OQO, é unha metáfora da solidariedade e do egoísmo a partes iguais, e isto é posible grazas a unha pota que reparte o que lle sobra ao rei entre os que nada teñen. Así, aprenderemos con moito humor que a equidade é a mellor das solucións mentres admiramos as ilustracións tan ben conseguidas para acoplarénse ao texto.
Grazas por nos agasallar con estas pezas tan fermosas.
ResponderEliminarAnxos
http://cousasdeclase.blogspot.com
Grazas a ti pola visita!
ResponderEliminarGrazas por tanta publicación e tan boa. A pota que trota gústame para poñerllela ós meus alumnos de 1º de ESO. Podo facelo?
ResponderEliminarOla Marina. Eu o que fago con estes álbums ilustrados é lerlles cada día un, antes de comezar a clase, e logo debater sobre o que nos suxire o libro e os temas dos que fala un anaquiño de tempo. Como libro de lectura non che vai servir, creo, aínda que non sei se é iso o que preguntas. Saúdos, e grazas.
ResponderEliminarPensaba no material audiovisual.Terei en conta a túa suxestión.
ResponderEliminarGrazas a ti.
Ah! Entón si! Perdoa
ResponderEliminar