
Adoita ocorrerme con este premio: gústame máis o álbum finalista que o gañador. E desta volta volve suceder: Que che gustaría ser? de Arianna Papini é o Finalista do IV Premio Internacional Compostela para álbum ilustrado 2011 e que publica Kalandraka. Gústame que sexa nun formato diferente, apaisado, encántame a tenrura da historia e emocióname a dozura das ilustracións. Volvemos a estar ante unha obra con estrutura acumulativa e repetitiva, sinxela, pero ten un algo especial que non vos sabería definir. Non sei mesmo se se trata da "palidez" das cores, pero é un álbum que me "entrou" dende que lle botei un ollo por vez primeira. Un canto á imaxinación que se traduce sobre todo nun canto de Amor.
Este conto ten unhas ilustracións bonitas e o contido non estivo mal
ResponderEliminarEste libro está ben podía ser mellor pero bueno.
ResponderEliminarEste libro gústame porque soñar e libre e imaxinas as cousas que verdadeiramente che gustaría facer ou ser.
ResponderEliminargustoume bastante pero é un pouco infantil
ResponderEliminareste libro estivo ben a pesar de que as imaxes non eran moi boas
ResponderEliminareste libro estivo ben porque cada animal íase transformando
ResponderEliminarEste libro foi entretido e bastante partícular.
ResponderEliminarEste libro é bastante entretido.
ResponderEliminar