19/12/11

Ramón Caride en Forcarei



Para complementar o Día da Ciencia en Galego que todo o alumnado do centro celebrou no seu día, propuxerámoslles aos curso de Diversificación a lectura de Exogamia 0.3 de Ramón Caride. E este accedeu amablemente a vir onda eles para lles complementar o que no libro se di de ciencia e actualidade. Non puido ser ata o día 9 de decembro, un mes despois, pero a charla resultou igual de amena e efectiva coma se se celebrase na data correspondente. Grazas a Ramón por vir compartir a súa sabedoría científica connosco.


Ningún comentario:

Publicar un comentario